Os xurados do III Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) anunciaron onte os gañadores desta edición nunha cerimonia de entrega de premios virtual que puido seguirse en directo en Youtube e que contou coa intervención dos autores.

Premio na categoría “artigos divulgativos”: Un perezoso entre nobles, de Joaquín Ferreyra.

Premio na categoría “vídeos divulgativos”: De turismo por el universo: un viaje atómico a las estrellas, de Daniel Fernández Fernández.

Premio na categoría “monólogos científicos”: deserto.

Así mesmo, tamén se anunciou o gañador da categoría “experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles”, correspondente á II edición do Concurso de Comunicación Científica do 2019. El trabajo galardonado fue “Medindo a radiactividade do radón no noso instituto”, realizado por un equipo do IES de Sar. Adicionalmente, o xurado outorgou unha mención de honra ao proxecto “Detección y evaluación del pico de Bragg mediante sensor CMOS”, do equipo formado por Marcos Quintas Pérez, Yago Radziunas Salinas e Marcos Suárez Vázquez.

O IGFAE agradece a participación dos concursantes nesta actividade que forma parte da III Semana da Ciencia do IGFAE e que foi cofinanciada con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Na imaxe: Dolores Cortina, investigadora do IGFAE e presidenta do xurado na categoría “experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles” de 2019, e os profesores do IES de Sar Ramón Cid e Issac Valiña durante a cerimonia de entrega de premios.