Seis estudantes do Máster en Física da USC incorporáronse esta semana ao IGFAE como beneficiarios dos contratos de inicio á investigación, cofinanciados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia a través do programa de axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema de Galicia (SUG).

As axudas permitirán aos seis seleccionados establecer o seu primeiro contacto coa actividade investigadora e familiarizarse co día a día dun centro de dedicado á física de altas enerxías. Durante os oito meses de duración do contrato terán que desenvolver un proxecto de investigación individual sobre algún dos temas contidos nas tres áreas nas que o IGFAE organiza a súa investigación e que será supervisado por investigadores do Instituto. Durante os oito meses de duración do contrato terán que desenvolver un proxecto de investigación individual sobre algún dos temas contidos nas tres áreas nas que o IGFAE organiza a súa investigación e que será supervisado por investigadores do Instituto.

Na imaxe, de esquerda a dereita: Néstor Armesto, director executivo asociado do IGFAE; Juan Santos; Daniel Viqueira; Julio Novoa; Miguel Fernández; Xoan Maio; Clara Landesa; e Carlos Salgado, director científico do IGFAE.