Hoxe ás 20 horas, a física, cineasta e comunicadora Ágnes Mócsy participará nun coloquio coa cidadanía compostelá no bar cultural “O Besbello (Rúa de Caldeirería, 26), organizado polo  IGFAE no marco da súa II Semana da Ciencia. Nel manterá unha conversación atractiva e respectuosa co público sobre os prexuízos implícitos, a ameaza de identidade e a meritocracia, que facilitará a indagación e a autoexpresión, ademais da comprensión doutros puntos de vista que poden ser distintos aos nosos.

Como sociedade, esforzámonos por conseguir unha comunidade onde tódalas persoas poidan ter as mesmas oportunidades para desenvolver o seu potencial ao máximo. As distintas vivencias e identidades moldean a nosa experiencia e os motivos polos que alguén decide dedicarse á física ou a outra profesión. Se somos conscientes dos nosos propios prexuízos estaremos a dar un paso cara á verdadeira igualdade e inclusión.