O investigador posdoutoral do IGFAE Edgar Lemos ven de ser premiado pola colaboración LHCb do CERN co “Early Career Scientist Award”, un recoñecemento outorgado “polas súas destacadas contribucións na actualización do detector VELO” nos primeiros anos da súa traxectoria científica.

A entrega tivo lugar o pasado 11 de xuño nunha cerimonia virtual, na que o comité tamén entregou dous premios ás teses doutorais sobresalientes e traballos adicionais que fixeron unha contribución excepcional ao LHCb. En total, entregáronse oitos premios de “Early Career Scientist”.

Edgar Lemos, enxeñeiro de telecomunicacións, uniuse ao LHCb en 2012 durante a realización do seu Traballo de Fin de Máster. Ao terminar a súa tese doutoral, volveu ao experimento en 2016 para traballar no chip VeloPix Asic do detector de vértices VELO (Vertex Locator). Grazas a unha axuda posdoutoral da Xunta, Edgar atópase na actualidade desprazado no CERN e forma parte do equipo que está a desenvolver o novo detector VELO, cuxo funcionamento está previsto para 2021 cando o LHC retome a súa actividade no denominado Run 3.

Máis información: https://home.cern/news/news/experiments/lhcb-honours-its-thesis-and-early-career-awards-winners