Por segundo ano consecutivo, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, participará o vindeiro sábado 28 de novembro nunha nova edición de ‘Ciencia Singular’, a xornada de portas abertas da Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC). Este ano, o IGFAE, o CiMUS, o CiQUS e o CiTIUS darán a coñecer o seu labor investigador cun formato completamente virtual e para todos os públicos a través de relatorios divulgativos en directo, visitas virtuais, vídeos de proxectos destacados de cada centro e talleres de ciencia.

Os detalles do programa poden atoparse na web da xornada: cienciasingular.usc.es

Cambiando o mundo desde a escala molecular

A Química é unha das ferramentas máis poderosas coas que conta a sociedade para afrontar os desafíos do século XXI. Cada día, o compromiso dos investigadores do CiQUS permite explorar novas aplicacións en campos como a saúde (Química Biolóxica e Médica), ou a industria (Materiais Funcionais, Catálise). En só noev anos o centro tense consolidado como referente de investigación interdisciplinaria na fronteira entre a Química, a Biomedicina e a Ciencia de Materiais.

Enfermidades crónicas e medicina molecular

O CiMUStraballa na prevención, comprensión e tratamento das enfermidades crónicas en áreas como Cancro, Endocrinoloxía, Cardiovascular, Neurociencias, Xenética e Bioinformática, Nanomedicina ou Desenvolvemento de Fármacos. Xunto co Hospital Clínico Universitario de Santiago, o centro está integrado no IDIS, un Instituto de Investigación Sanitaria acreditado polo Ministerio de Sanidade.

Tecnoloxías intelixentes, beneficio social

Os investigadores do CiTIUStraballa no desenvolvemento dunha nova xeración de tecnoloxías intelixentes que integren a Intelixencia Artificial (IA) nos diferentes niveis existentes entre o mundo físico e o cognitivo. O obxectivo é tirar proveito das potencialidades da IA na resolución de problemas cada vez máis complexos e poñela ao servizo das persoas, garantindo a trasparencia e a confiabilidade. Entre as súas múltiples aplicacións figuran eidos como a saúde, a industria, o transporte ou as cidades intelixentes. Las aplicaciones de estas tecnologías abarcan múltiples ámbitos que van desde el tejido empresarial hasta la seguridad civil, pasando por la salud, el transporte o las ciudades inteligentes –entre otras-.

IGFAE, na élite da investigación internacional en Física

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías é un centro acreditado como Unidade de Excelencia “María de Maeztu” cuxas áreas de investigación tentan responder moitas das preguntas esenciais da natureza física: o estudo da realidade microscópica a nivel fundamental (Modelo Estándar), a conexión entre física de partículas e cosmoloxía, e a estrutura nuclear e as aplicacións médicas. Desde a súa fundación, forma parte do ADN do IGFAE a colaboración internacional en grandes infraestruturas de prestixio como o Gran Colisor de Hadróns do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear).

PROGRAMA do IGFAE

10:00 – 11:00 | Videobenvida do director del IGFAE + relatorio:

Alejandro Vilar: “A gravidade (cuántica) nun holograma” (bit.ly/charlagravedadcuantica)

11:30 – 12:30 | Videobenvida do director del IGFAE + relatorio:

Cristina Cabo: “Del corazón de la materia al interior de las estrellas” (bit.ly/charlaestrellas)

16:00 – 17:00 | Videobenvida do director del IGFAE + relatorio:

Juan Calderón: “Cómo oír agujeros negros con ondas gravitacionales” (bit.ly/charlaondasgravitacionales)

17:30 – 18:30 | Videobenvida do director del IGFAE + relatorio:

Alessandra Gioventù: “Descubriendo el Universo de las partículas” (bit.ly/charlaparticulas)

18:45 – 18:50 | Estrena de vídeo institucional do IGFAE

bit.ly/videoIGFAE2020

19:00 – 19:15 | Kahoot (trivial online): Cánto sabes do IGFAE? Presentado por Javier Martín.

bit.ly/kahootIGFAE2020