O investigador predoutoral do  IGFAE  Anxo Fariña defendeu a súa tese o pasado venres na Aula Magna da Facultade de Física da USC. Baixo o título “Long Time Dynamics of Resonant Systems” e dirixido polo investigador do IGFAE e profesor da USC Javier Mas, neste traballo explórase a deformación que experimentan certos sistemas físicos ao longo do tempo.

A primeira parte da tese dedícase á construción de técnicas matemáticas que permiten predicir este tipo de comportamento e extraer información relevante, comprobando que son ferramentas moi útiles para o estudo de gases cuánticos, ondas en diferentes espazo-tempos,  fluctuaciones puramente  gravitacionais do mesmo e o colapso gravitatorio que dan lugar aos buratos negros.

Na segunda parte do traballo, sométense diferentes espazo-tempos a excitacións periódicas. Utilizando simulacións por computador, estúdase como se deforma o espazo-tempo en presenza destas excitacións, expondo preguntas tan interesantes como a posible supresión do colapso  gravitacional ou a aceleración deste proceso.

Parabéns!