Date
15/10/2026 12:00 (CET)
Place
Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia)
O Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia acolle a apertura da exposición Outro e sobre si, de Andrés Rodís, artista seleccionado na primeira edición das Residencias ArtLab IGFAE. A mostra poderá visitarse ata xaneiro de 2027.
Ao acto, aberto tamén ao persoal do IGFAE, asistirán o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, o director do IGFAE, Carlos Salgado, a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Verónica Santos, e o artista Andrés Rodís.