Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Innovación y Transferencia de Conocimiento y Tecnología

Xerando coñecemento e innovación para compartilo coa sociedade

As áreas de investigación do IGFAE procuran respostas a algunhas das cuestións fundamentais da natureza. As escalas de tempo nas que se desenvolve esta ciencia básica son, en ocasións, extremadamente amplas. Con todo, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico adquirido para levar a cabo estas investigacións pode ofrecer un gran servizo á sociedade.

Con ocasión da anterior acreditación de excelencia María de Maeztu, o IGFAE puxo en marcha o programa IGNITE, que tiña como obxectivo explorar novas vías de investigación e fomentar a transferencia de tecnoloxía entre o persoal do centro. IGNITE ofreceu financiamento para sementar as raíces de novas actividades aliñadas coa estratexia científica do Instituto.

Neste marco, o IGFAE creou en 2021 a súa propia Unidade de Innovación, Coñecemento e Transferencia de Tecnoloxía (KTT), co compromiso de reforzar as liñas de colaboración externas coa industria e a sociedade. Do mesmo xeito, esta Unidade ofrece ao persoal investigador do IGFAE as oportunidades precisas para establecer conexións co tecido industrial, desenvolver acción de protección intelectual ou crear spin-offs ou start-ups ao abeiro da ciencia que se fai no Instituto.

O equipo da Unidade KTT está capacitado para identificar resultados de investigación transferibles, avaliar o potencial comercial, a propiedade intelectual, xestionar os contratos de transferencia de resultados, apoiar e asesorar as iniciativas industriais, a formación de executivos, e tamén proporcionar formación relacionada con KTT.

Ademais, esta Unidade mantén unha estreita colaboración coa área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, que é o servizo encargado da difusión e promoción da cultura KTT entre a comunidade universitaria.

Fitos da Unidade KTT do IGFAE desde a súa creación:

  1. Obtención de financiamiento externo en convocatorias “proba de concepto” para desenvolver dispositivos de imaxe PET e SPECT
  2. Rexistro de patentes relacionadas coa ciencia desenvolvida polo persoal do centro
  3. Inicio de doutoramentos industriais en colaboración con empresas (Triple Alpha, …)
  4. Creación da spin-off Neutron Insights, dedicada a tomografía industrial por emisión de neutróns. Esta empresa obtivo diversos recoñecementos, sendo finalista da aceleradora ViaGalicia e premiada no programa Argos da USC, así como galardoada co premio GCiencia Galicia Spin-off na categoría de Idea Emerxente.
  5. Coordinación do grupo de traballo en Transferencia de Coñecemento e Innovación da alianza SOMMa, que reúne aos centros de excelencia Severo Ochoa e María de Maeztu.
  6. Coordinación do programa TechLab do IGFAE, organizando workshops e xornadas de encontro coa industria para estimular a colaboración e a explotación do coñecemento desenvolvido no Instituto.
Descarga aquí o plan inicial de Innovación e Transferencia do IGFAE