Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
Training

Curso sobre presentacións de divulgación científica

Speaker

Andrea Muras (Instituto Galego de Fisica de Altas Enerxias (IGFAE))

Date

23/06/2023 10:00 (CET)

Place

Sala das Xuntas

O IGFAE organiza o venres 23 de xuño, de 10 a 12 horas, un curso orientado ao persoal investigador interesado en iniciarse na divulgación científica, e pretende ofrecer unas sinxelas pautas para dar os primeiros pasos na difusión pública da ciencia. 


No mundo académico dedícase moito esforzo a comunicar os resultados ao resto da comunidade científica a través das publicacións e os congresos. Porén, adoita ignorarse a importancia que ten a divulgación científica para a sociedade, polo que normalmente o persoal investigador non ten unha formación específica para comunicar o seu traballo ao público xeral dunha forma comprensible. Ademais, a divulgación non só fai que os traballos científicos sexan máis citados; é máis, nalgúns casos tamén é una ferramenta para obter un retorno económico. 


Competencias adquiridas:

·       Recoñecer a necesidade da divulgación científica e os seus beneficios, tanto a nivel individual como para a sociedade. 

·       Adquirir técnicas e ferramentas que permitan unha difusión social da ciencia de xeito atractivo e eficiente.


Temario:

  1. Presentación 
  2. Por que divulgar? 
  3. Onde e como divulgar 
  4. Consellos básicos de divulgación científica 

 

O curso será impartido pola científica e divulgadora Andrea Muras.