O experimento LHCb do CERN descobre unha nova área para estudar a asimetría entre materia e antimateria no Universo

05.06.2025
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, convoca un ano máis o seu programa de Bolsas de Verán. O obxectivo destas bolsas é fomentar a iniciación á investigación entre o alumnado de grao universitario, atraendo a estudantes de alto nivel que teñan interese en desenvolver prácticas formativas extracurriculares no marco dun proxecto científico.
Deste xeito, as persoas seleccionadas integraranse na actividade cotiá do IGFAE, centro acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu pola Axencia Estatal de Investigación, e membro da rede CIGUS da Xunta de Galicia, que recoñece a calidade e impacto da súa investigación. As solicitudes poderán dirixirse a calquera das áreas de traballo do centro, como son a física de partículas, astropartículas e nuclear ou a ciencia e tecnoloxía cuánticas, así como na unidade de xestión e labores de comunicación ou divulgación.
O prazo de solicitudes abrirase o venres 6 de xuño, e pecharase o 12 de xuño ás 23.59 (CEST).
Convócanse un mínimo de 10 prazas, nas seguintes condicións:
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), é un centro de investigación creado en 1999 pola Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia. Naceu co obxectivo de coordinar e fomentar a investigación científica e técnica nos campos da Física de Alta Enerxía, Partículas e Nuclear, e áreas relacionadas como a Astrofísica, a Física Médica ou a Instrumentación. Acolle a arredor de 140 persoas que participan en instalacións experimentais como o CERN, o Observatorio Pierre Auger, LIGO ou GSI/FAIR, entre outras.
O centro foi acreditado en dúas ocasións (2017 e 2023) como Unidade de Excelencia María de Maeztu por parte da Axencia Estatal de Investigación do Goberno de España. Tamén forma parte da rede CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e o impacto da súa investigación. Está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021-2027.
O IGFAE é unha institución que ofrece igualdade de oportunidades e comprométese a aumentar a diversidade do seu persoal, polo que acolle con especial satisfacción as solicitudes de mulleres, minorías e persoas con discapacidade. O IGFAE dispón dun Plan de Igualdade e Diversidade e traballa activamente para aumentar o equilibrio de xénero, xeográfico e de minorías dentro do instituto. Ofrecemos un horario flexible para conciliar a vida laboral e familiar.