Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

II Edición 2019

A Semana da Ciencia é o evento divulgativo máis importante do IGFAE. Cada ano desde 2018 o instituto organiza un programa de actividades para todos os públicos coa finalidade de espertar curiosidade pola física e visibilizar a ciencia de excelencia á sociedade.

  • Datas
    Do 11 ao 16 de novembro de 2019

Chega novembro e a II Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Durante os días 11 e 16 en diferentes localizacións de Santiago, pequenos e maiores poderán coñecer o seu labor investigador no campo da física de partículas, astropartículas e nuclear a través de distintas actividades, organizadas co obxectivo de fomentar a cultura científica na ciudadanía galega e vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas) entre os máis novos.

Nesta edición o tema vertebrador do programa son os aceleradores de partículas xa que se cumpren agora 90 anos do primeiro deles: o ciclotrón de Ernest Lawrence

Programa

01
Conferencia de Lyn Evans "“O LHC, unha marabilla da tecnoloxía”
arrow-right

 

Lyn Evans, líder do proxecto do Large Hadron Collider (LHC) do CERN, contaranos como se deseñou e construíu este instrumento científico de dimensión descomunal, co que se puxo fin a máis de 40 anos de procura do bosón de Higgs. Cal será o novo proxecto despois do LHC? Un acelerador maior, tal vez de 100 km? Esta e outras cuestións fundamentais como a orixe da masa e a sutil diferenza entre a materia e a antimateria que nos permitiron existir centrarán a súa charla.

02
Conferencia: física en concerto coas artes
arrow-right

Ágnes Mócsy, física teórica, cineasta e comunicadora, conta con traballos de gran relevancia sobre o estado do universo uns microsegundos despois do Big Bang. Adícase desde fai dez anos ao estudo da intersección entre arte e ciencia, así como á inclusividade de orixe e de xénero na ciencia.

03
NerdNite: aceleradores de partículas
arrow-right

Nesta ocasión, todas as charlas científicas xirarán en torno aos aceleradores de partículas e enmárcanse dentro da II Semana da Ciencia que impulsa o Instituto galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

A profesora de Física Teórica da USC e investigadora do IGFAE, Elena González Ferreiro, pronunciará o relatorio ‘A física de partículas: por que é mellor construír un acelerador que un portavións?’. ‘Fast and furious… Ciclotróns, sincrotróns, colisores… Todos queren ser os meus amores’ será o título da intervención de Cibrán Santamarina, profesor de Física Atómica, Molecular e Nuclear da USC e investigador no experimento LHCb no IGFAE.

‘Os detectores de física de partículas ou como construímos cámaras de fotos ultra avanzadas’ é o título do relatorio do tamén profesor de Física Atómica, Molecular e Nuclear da USC e coordinador da participación do IGFAE no experimento LHCb, Abraham Gallas Torreira. Finalmente, a tamén investigadora do IGFAE, Alessandra Gioventù, intervirá neste monográfico dedicado aos aceleradores de partículas co relatorio ‘De como convertemos unha morea de datos en descubrimentos revolucionarios’.

04
Coloquio: diversidade en ciencia
arrow-right

A excelencia en ciencia conséguese incluíndo todos os puntos de vista e experiencias para conseguir unha investigación máis creativa e innovadora. Con todo, moitos grupos están subrepresentados, entre eles as mulleres, as minorías étnicas, as persoas con discapacidade e as poboacións socialmente desfavorecidas. Para dialogar e aprender sobre este tema, Ágnes Mócsy dirixirá un coloquio informal na contorna dun bar, convidando o público a debater sobre estas cuestións.