Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

06.03.25 Física de Partículas coas mans 2025

A Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’ é unha oportunidade única para que estudantes de Bacharelato se acheguen á física de partículas, vivan unha experiencia científica práctica e interactúen con mozos de diferentes países.

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas – IPPOG (promotor da Masterclass) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizou unha nova edición da Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’.

01
Información
arrow-right

Máis de 100 estudantes e docentes de 2º de Bacharelato, procedentes de preto dunha trintena de centros educativos de Galicia, participaron nesta nova edición da Masterclass Internacional “Física de Partículas coas mans”. Un ano máis, resultou unha experiencia inesquecible para o alumnado poderá ser parte dun simulacro da actividade científica profesional. Consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. Os resultados serán discutidos mediante videoconferencia con mozas e mozos de Alxeria, Italia, Ucraína e Finlandia, que participan na xornada de maneira simultánea.

Poderán participar dous estudantes de 2º bacharelato do seu centro. É posible inscribir tamén a unha terceira persoa de reserva, que poderá ser admitida dependendo da evolución das inscricións. O profesorado acompañante pode asistir e participar na actividade, aínda que non é un requisito obrigatorio (deberá indicarse á hora de realizar a inscrición). O número máximo de participantes é de 100 estudantes. O IGFAE farase cargo da manutención durante a xornada.

Consideramos importante contar con rapazas e rapaces que poidan aproveitar a experiencia, valorando principalmente a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia. A selección do alumnado deixámola enteiramente á súa discrecionalidade.

02
Ubicación
arrow-right

Facultade de Matemáticas (USC)