Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
Students

Nóvoa Fernández, Julio

julio.novoa@rai.usc.es

No room assigned

Bio

Gradueime en Física e en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde tamén completei o Mestrado Universitario en Física. Actualmente estou a finalizar o meu doutoramento no marco do experimento LHCb do CERN. A miña investigación céntrase en medidas experimentais da universalidade leptónica en desintegracións semileptónicas de mesóns B. Tamén teño feito estudos no campo de espectroscopía de hadróns. Teño colaborado noutras tarefas de investigación de LHCb como a produción de datos simulados, a toma de datos experimentais reais e o deseño de liñas topolóxicas para o High Level Trigger (HLT2). Entre abril e xuño de 2024 formeime na Universidade de Cambridge, onde analicei datos simulados como parte dos estudos previos do Future Circular Collider. Ademais do meu traballo no campo da física de altas enerxías, tamén estou interesado na innovación educativa no contexto da didáctica das ciencias experimentais. Actualmente participo nun proxecto de investigación para avaliar o emprego de recursos didácticos específicos no ensino-aprendizaxe da física de partículas na educación secundaria. 

julio.novoa@rai.usc.es

No room assigned