Santiago de Compostela é a capital de Galicia, comunidade autónoma situada no noroeste de España. A cidade conta con arredor de 100.000 habitantes, e destaca pola súa vida universitaria, a afluencia de turistas de todo o mundo e unha constante actividade social e cultural. Ten un clima oceánico e temperado, con 14ºC de media anual.
O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, a uns 20 minutos do IGFAE, conta con voos directos a Londres, París, Bruxelas, Múnic, Xenebra ou Basilea (Suíza), e os principais destinos nacionais (Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla ou Palma de Mallorca).
Santiago de Compostela está tamén conectada con Madrid por liña de alta velocidade (unhas tres horas de viaxe), autobús e autovía (unhas seis horas). A cidade de Porto (Portugal) e o seu aeroporto internacional Sá Carneiro está a unhas 2.30 horas de distancia por estrada, con frecuentes liñas de autobús.
As principais cidades de Galicia, A Coruña e Vigo, están conectadas con Santiago por ferrocarril de alta velocidade, liñas frecuentes de autobús e autopista, a menos dunha hora de distancia. Cada unha conta co seu respectivo aeropuerto (Alvedro – LCG, A Coruña; e Peinador – VGO, Vigo), con voos nacionais e algunhas conexións internacionais.
As instalacións do IGFAE e o seu equipo de Dirección e Xestión ofrecen a contorna acaída para que cada persoa poida desenvolver o seu labor profesional de maneira óptima, conxugándoo co seu benestar persoal.