ACTUALIZACIÓNS
(12/09/2024): Resolución da Xerencia (ver en PDF)
(12/09/2024): Proposta Comisións selección (ver en PDF)
(12/08/2024): Listaxe definitiva de admitidos e excluídos (ver en PDF)
(07/08/2024): Listaxe provisional de admitidos e excluídos (ver en PDF)
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, ofrece un contrato para a obtención da práctica profesional no marco da cátedra Televés en Deseño Microelectrónico. A persoa seleccionada incorporarase á liña de investigación “Detección de radiación cósmica que interaccione no ordenador cuántico Qmio”, baixo a dirección de Héctor Álvarez Pol.
DETALLES DO CONTRATO
- Xornada a tempo parcial (75%): (26,25 horas por semana). De 10.00 a 14.15.
- Salario bruto mensual 867,51 €. Aplicarase o rateo das pagas extraordinarias en 12 mensualidades
- Categoría laboral Persoal investigador en iniciación
- Duración do contrato: 12 meses*. Data prevista de inicio 1 de outubro de 2024**
FUNCIÓNS DO TRABALLO
- Determinar o dispositivo e configuración ideais para a detección de radiación cósmica que pase polo procesador cuántico.
- Simular a interacción dos cósmicos no procesador cuántico e no dispositivo experimental.
- Probar os detectores e os diferentes conceptos de electrónica.
- Determinar a resolución na posición e tempo dos cósmicos de forma experimental.
TITULACIÓN REQUIRIDA
Grao en Física
Ademais, as persoas solicitantes deberán:
- Ter finalizados os estudos dentro dos tres anos previos á data de inicio do contrato, ou cinco anos no caso de persoas con discapacidade
- Non ter experiencia profesional na USC no ámbito da investigación por tempo superior a 3 meses.
MÉRITOS QUE SE VALORARÁN (Puntos)
- Nota media do expediente do grao en Física (40 puntos)
- Formación específica acreditable relacionada con detectores de física nuclear ou técnicas de análise de datos (35 puntos)
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ás 4 persoas candidatas que na suma do resto dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos. (25 puntos)
SOLICITUDES
As solicitudes poderán facerse, a partir do 26 de xullo de 2024, a través da Sede Electrónica da USC. Cómpre identificarse a través dunha conta da USC, certificado electrónico, DNIe, Cl@ve e outras aplicacións externas como Facebook, Google ou Microsoft 365. Xunto ao formulario de solicitude deberá anexarse o Curriculum Vitae.
A convocatoria pode consultarse no portal de Contratos de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela.
Fin de prazo para enviar solicitudes: xoves, 1 de agosto de 2024, ata as 23:59 horas.
Para consultas e máis información, pode enviarse un correo electrónico a jobs@igfae.usc.es, indicando no asunto [REFERENCIA DA PRAZA: 2024-PN050.02]
SOBRE O IGFAE
O IGFAE é un centro de investigación creado en 1999. Conta actualmente cun equipo de máis de 130 persoas, entre persoal científico, técnico, de administración e xestión. O seu labor investigador está centrado nas áreas da Física de Altas Enerxías, Física de Astropartículas e Física Nuclear, nas que o persoal investigador do IGFAE se sitúa nos máis altos estándares de impacto, excelencia, liderado e éxito internacional.
O centro obtivo neste 2024 a acreditación como Unidade de Excelencia María de Maeztu, que outorga a Axencia Estatal de Investigación. Tamén forma parte da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS), que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
O IGFAE é unha institución que ofrece igualdade de oportunidades e comprométese a aumentar a diversidade do seu persoal, polo que acolle con especial satisfacción as solicitudes de mulleres, minorías e persoas con discapacidade. O IGFAE dispón dun Plan de Igualdade e Diversidade e traballa activamente para aumentar o equilibrio de xénero, xeográfico e de minorías dentro do instituto. O centro facilita un horario flexible para conciliar a vida laboral e familiar.
O centro ofrece ademais unha contorna moi estimulante e oportunidades únicas de desenvolvemento da carreira profesional. Ofrecemos formación en soft skills para mellorar a empregabilidade futura e o éxito profesional dos nosos investigadores, incluíndo a transferencia de tecnoloxía, e o espírito empresarial.
*A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación.
**A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato