Cal é o líquido máis perfecto do universo? O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) publica o segundo dunha triloxía de vídeos divulgativos en colaboración coa canle de Youtube do físico José Luis Crespo, alias Quantum Fracture.

Neste novo vídeo, Elena G. Ferreiro e Carlos Salgado explican este estraño estado da materia e a teoría que goberna os quarks e gluóns: a cromodinámica cuántica (QCD).

Este vídeo foi cofinanciado con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.