O xurado da quinta edición do Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías acaba de facer público o ditame cos traballos gañadores de entre as 33 obras recibidas.

Na categoría artigo divulgativo, o premio é para Caetano Eirea Orro por Entendendo o Nobel de física 2022, un ensaio explicativo, ben filado, que presenta moi ben a importancia do traballo dos premiados John Clauser, Alain Aspect e Anton Zeilinger, cunha clara vocación de axudar aos lectores non iniciados na comprensión do que é o entrelazamento cuántico e as súas aplicacións á vida cotiá.

En canto á categoría fotografía científica, o xurado decidiu por unanimidade que a imaxe de Laura Mercadé Morales, Una rayuela particular, é a gañadora pola súa orixinalidade á hora de representar o Modelo Estándar de física de partículas, así como a súa coidada composición e simbolismo.

Una rayuela particular, de Laura Mercadé Morales.

En la categoría vídeos divulgativos o xurado considera Retos tecnolóxicos do CERN de María Caseiro Arias e Juan Pablo García Amboage como o traballo ganador, baseándose na calidade do material audiovisual do vídeo, que é de produción propia, con recursos de imaxe orixinais e atractivos e unha narración coidada e moi didáctica. As imaxes e o discurso compleméntanse perfectamente. O feito de enfocarse nun tema moi concreto fai que este sexa accesible á audiencia logrando transmitir os conceptos dunha maneira entretida e efectiva. O xurado considerou tamén facer unha mención especial a O descubrimento do Sagitario A*e o M87 de Nicolás Lozano López, un vídeo moi completo, moi ambicioso e moi actual, destacando un guión moi ben estruturado e locutado.

O premio para a nova categoría proxectos orixinais desta edición recaeu en Andrey Sadofyev con Elementary bones, un xogo de mesa no que, a través dun taboleiro, pódense entender mecanismos de reacción e detección en física de partículas. Concédese o premio pola súa capacidade de comunicar dun modo sinxelo conceptos da física dun modo orixinal a través dunha experiencia de xogo adecuada a un amplo rango de idades..

Tablero del juego Elementary bones, de Andrey Sadofyev

As obras presentadas ao concurso, aberto a persoas de calquera país, debían ter relación coa física, en particular con aquela que é obxecto de estudo no IGFAE. Á hora de valoralas tívose en conta o rigor e a calidade dos conceptos presentados, a orixinalidade e interese do tema e a capacidade de comunicar o contido á público non experto. Os catro gañadores recibirán un premio de 400 euros cada un.

Esta actividade é unha iniciativa do grupo de divulgación do IGFAE, forma parte da V Semana da Ciencia do IGFAE e foi cofinanciada con cargo ao Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.