O IGFAE celebra a próxima semana a 29 edición dun dos congresos internacionais máis importantes en física de partículas: DIS2022

Santiago de Compostela acollerá do 2 ao 6 de maio o DIS2022: XXIX International Workshop on Deep-Inelastic Scattering and Related Subjects, un congreso organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, que reunirá a máis de 300 persoas de 31 países traballando nos temas máis relevantes da física de altas enerxías. A súa longa traxectoria tras 29 edicións en diferentes países –só interrompida en 2020 pola pandemia– así como a diversidade de temas, presentacións e asistentes, converteu esta reunión nunha das máis importantes do campo.

Dividida en 7 sesións plenarias e 6 sesións temáticas paralelas, unha parte importante do programa está dedicada aos últimos resultados dos maiores experimentos e aceleradores de partículas do mundo como localizados no Brookhaven National Laboratory (BNL), a Organización Europea para la Investigación Nuclear (CERN), o sincrotrón alemán DESY, o Fermi National Accelerator Laboratory (FNAL), el Thomas Jefferson National Accelerator Facility (JLab) e o laboratorio xaponés KEK, así como aos desenrolos teóricos máis recentes. Como é tradición, entregarase o premio “Guido Altarelli” –un dos pais fundadores da Cromodinámica Cuántica, gran divulgador e promotor das novas xeracións científicas– que se concede a investigadores ou investigadoras noveis que fixesen contribucións teóricas ou experimentais destacadas nos temas tratados no DIS.