Os Labs do IGFAE son uns espazos de recente creación para dirixir e estruturar a nosa investigación cara a unha investigación e unha innovación máis responsable (RRI, Responsible Research & Innovation) coa sociedade e a súa contorna máis inmediata.
Esta nova estratexia de compromiso industrial e social divide as súas actividades en tres laboratorios que serven como espazos para discutir novas iniciativas con actores externos e colaboradores do IGFAE segundo tres áreas temáticas:
ArtLab, un espazo de diálogo entre arte e ciencia composto por persoal investigador do IGFAE e colaboradores externos que propoñen e desenvolven novas ideas para fomentar as conversacións entre as dúas disciplinas.
Coñece máis iniciativas de ArtLab.
EduLab, un foro de intercambio e co-creación coa comunidade educativa onde persoal científico do IGFAE e membros da comunidade educativa (profesores, estudantes) únense para poñer en marcha novos proxectos colaborativos.
Coñece más iniciativas de EduLab.
TechLab son unha serie de talleres e intercambios coa industria para estimular a innovación en colaboración e a explotación dos coñecementos e resultados do IGFAE, así como unha ferramenta para que o persoal investigador do IGFAE explore saídas profesionais no sector.
Coñece más iniciativas de TechLab.