MISIÓN E VISIÓN
O IGFAE ten a misión principal de coordinar e fomentar a investigación científica e técnica no campo da Física de Alta Enerxía, Física de Partículas e Nuclear e as súas áreas relacionadas: Astrofísica, Física Médica, Instrumentación, etc.
A planificación e promoción de relacións con grandes instalacións experimentais son de particular importancia, especialmente co CERN, GSI/FAIR, Observatorio Pierre Auger e LIGO.
Os principais elementos que definen a actividade recente do Instituto son: un bo desempeño en termos de produción científica, atracción de talentos e recadación de fondos, unha intensa actividade internacional, especialmente dentro de grandes colaboracións experimentais e a activación dun novo marco para organizar a investigación en termos de Áreas de Investigación Estratéxica (SA).