SA2_GRWA
LIGO
Albert Einstein postulou teóricamente as ondas gravitacionais en 1915. Xusto un século despois, o experimento LIGO conseguiu observalas por primeira vez. Que son realmente estas engurras no espazo-tempo?
SA2_NEXT
Hyper Kamiokande
Na illa principal de Xapón estase construíndo na actualidade Hyper-Kamiokande (Hyper-K) o que vai ser o maior experimento subterráneo do mundo para entender mellor a natureza dos neutrinos, a asimetría entre materia e antimateria, ou a materia escura, entre outros grandes retos.
SA3_NUCL
GSI / FAIR
Experimentos e estudos con ións relativistas para investigar as propiedades fundamentais da forza que contén os protóns e os neutróns dentro dos núcleos. Este proxecto é o banco de probas ideal para coñecer as reaccións responsables da xeración de enerxía e elementos pesados no universo.
SA3_NUCL
GANIL / ACTAR TPC
O proxecto ACTAR TPC ten o obxectivo de construir un ‘branco activo’ de nova xeración para estudar procesos nucleares moi raros, e núcleos producidos en cantidades moi pequenas.
SA3_LACC
L2A2
O desenvolvemento das novas tecnoloxías de producción de radioisótopos para imaxes médicas baseadas na aceleración láser-plasma permite a construción de aceleradores de partículas destinados á investigación fundamental e aplicada a áreas como a sanitaria.
SA2_NEXT
NEXT
Un detector situado baixo centos de metros de rochas, nas montañas dos Pireneos, está a investigar se os neutrinos, as partículas máis esquivas que coñecemos, son realmente a súa propia antipartícula.