O ex director xeral do CERN será o protagonista do gran evento divulgativo anual do IGFAE, a Semana da Ciencia, impartindo unha charla de divulgación sobre o bosón de Higgs, a partícula que supuxo un fito científico e acaparou a atención de todos os medios de comunicación e a sociedade hai agora unha década. Titulada “Celebrando 10 anos do bosón de Higgs: explorando o universo temperán non CERN”, a conferencia terá lugar o xoves 24 de novembro ás 20 horas no auditorio Abanca (Rúa Preguntoiro, 23) de Santiago de Compostela. A entrada é gratuíta, previo rexistro, ata completar capacidade. Haberá tradución simultánea do inglés ao castelán. Reserva a túa invitación na seguinte ligazón: bit.ly/conferenciaheuerIGFAE

Celebrando 10 anos do bosón de Higgs: explorando o Universo temperán no CERN

Rolf-Dieter Heuer. Crédito: CERN.

O descubrimento do bosón de Higgs non foi o final dunha longa viaxe, senón que é o comezo da exploración dun novo terreo. É realmente o bosón de Higgs? Que ten de especial esta misteriosa partícula? Que temos que investigar despois do descubrimento e como nos axuda esta partícula na nosa comprensión do Universo primitivo? Por que o bosón atrae tanto a atención de científicos e público no experto? A charla abordará estas cuestións e tamén analizará os apaixonantes anos de investigación que nos esperan.

Director do CERN dende 2009 ata 2015

Rolf-Dieter Heuer (Göppingen, Alemaña, 1948) estudou física na Universidade de Stuttgart e doutorouse na Universidade de Heidelberg. De 1978 a 1983, foi físico investigador na Universidade de Heidelberg, traballando no anel de almacenamento de electróns-positróns PETRA como membro da colaboración JADE. De 1984 a 1998, foi membro do CERN, traballando para a colaboración OPAL no Gran Colisionador de Electróns e Positróns (LEP). Desde 1994, foi o voceiro da colaboración.

Gran parte da súa carreira estivo relacionada coa construción e o funcionamento de grandes sistemas de detectores de partículas para estudar colisións electrón-positrón. Ao deixar o CERN en 1998, asumiu unha cátedra na Universidade de Hamburgo, onde estableceu un grupo que traballa na preparación de experimentos nun posible futuro colisionador lineal de electróns e positrones. Ao asumir o seu nomeamento como director de investigación de física de partículas e astropartículas no DESY en 2004, Heuer foi responsable da investigación no acelerador HERA, a participación do DESY no LHC e a I+D para un futuro colisionador de electróns e positróns.

Substituíu a Robert Aymar como Director Xeral do CERN en xaneiro de 2009.

Data: 24 novembro, 20:00h
Lugar: Auditorio Abanca, Rúa Preguntoiro 23, Santiago de Compostela.
Idioma: inglés, con tradución simultánea  ao castelán.