Programas de investigación
Dentro das tres grandes áreas estratéxicas, o labor científico do IGFAE enmárcase actualmente en oito programas de investigación. Desde a perspectiva teórica e experimental, estas liñas de traballo enfócanse nalgúns dos principais retos presentes e futuros no campo da física de partículas, astropartículas e nuclear.