Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Alumni

Desde o seu nacemento, o IGFAE acolleu centos de estudantes, que deron aquí os seus primeiros pasos na carreira investigadora. Hoxe en día, desenvolven o seu labor científico en centros de investigación, empresas e institucións de todo o mundo.

Jorge Castelo Mourelle

Defendeu a súa tese o 23 de xaneiro de 2025
A súa investigación, "Relacións universais para estrelas bosónicas", foi dirixida polo Prof. Christoph Adam

Sara Leardini

Defendeu a súa tese o 16 de decembro de 2024
A súa investigación, "New Detection Concepts in Noble-Element TPCs", foi dirixida polo Prof. Diego González Díaz

Imanol Corredoira Fernández

Defendeu a súa tese o 2 de decembro de 2024
A súa investigación, "Medidas da producción de partículas cargadas en sistemas de colisión pequenos no experimento LHCb", foi dirixida polo Prof. Abraham Gallas. Actualmente, Imanol é investigador posdoutoral no Commissariat a l'Energie Atomique et aux Energies Alternatives (CEA), en París.

Pablo Amedo Martínez

Defendeu a súa tese o 2 de decembro de 2024
A súa investigación, "Nova física de centelleo na TPC presurizada de NDGAr no detector cercano de DUNE", foi dirixida polo Prof. Diego González Díaz

Saúl López Soliño

Defendeu a súa tese o 15 de novembro de 2024
A súa investigación, "Novos enfoques para a procura directa de Física Alén do Modelo Estándar cos experimentos Codex-b e LHCb", foi dirixida polos profesores Xabier Cid e Carlos Vázquez

Pablo Baladrón Rodríguez

Defendeu a súa tese o 8 de novembro de 2024
A súa investigación, "Controlando a contaminación no ángulo alpha da matriz CKM con decaementos axiais do mesón B no LHCb", foi dirixida polos profesores Diego Martínez e Jeremy Dalseno