O desenvolvemento das novas tecnoloxías de producción de radioisótopos para imaxes médicas baseadas na aceleración láser-plasma permite a construción de aceleradores de partículas destinados á investigación fundamental e aplicada a áreas como a sanitaria.
Área de investigación
Programa de investigación
A aceleración láser-plasma é unha tecnoloxía prometedora que permite a construción de aceleradores de partículas compactos para a investigación fundamental e aplicada. Os pulsos de láser ultra-intensos e ultra-curtos enfocados nun espazo moi pequeño, nunha capa de material micrométrico, xeran campos eléctricos mil veces máis intensos que os producidos con cavidades de radiofrecuencia, onde os electróns se aceleran a enerxías relativistas. A nube de electróns, que abandona o material obxectivo, ioniza os átomos na superficie e crea un gradiente eléctrico intenso onde os ións se aceleran, en particular os máis lixeiros, os protóns.
O equipo do IGFAE identificou esta tecnoloxía como unha oportunidade para transferir o coñecemento xerado na participación en grandes experimentos. Neste marco, promoviuse a construcción do Laboratorio de Láser para Aceleración e Aplicacións (L2A2), unha infraestrutura de investigación na Universidade de Santiago de Compostela que alberga un sistema láser de 50 TW e unha área radio-protexida para experimentos de aceleración de partículas por láser-plasma. A instalación está a ser utilizada por investigadores da USC e colaboradores externos que levan a cabo investigacións no campo da aceleración de partículas láser-plasma e aplicacións de pulsos láser de femtosegundo.
O programa de investigación liderado polo IGFAE no L2A2 céntrase nas aplicacións médicas das partículas aceleradas por láser. Na actualidade, este programa concéntrase en dúas iniciativas: a produción de radioisótopos por láser para a obtención de imaxes PET (LaserPET) e as novas fontes de raios X por láser e a súa aplicación na obtención de imaxes (LaseX).
O obxectivo do proxecto é desenvolver a tecnoloxía requirida para a produción competitiva de radioisótopos utilizados na tomografía por emisión de positróns (PET) mediante o uso de aceleradores de partículas láser. O principal argumento é que as tecnoloxías actuais para a produción de isótopos de PET baséanse nun esquema centralizado de produción e distribución debido ao elevado custo da infraestrutura requirida. Os aceleradores de láser compactos poderían converterse na tecnoloxía facilitadora para a produción baixo demanda de radioisótopos PET, o que abre a posibilidade de utilizar isótopos de curta duración, como o 11 C, 13 N ou 15O, de especial interese para o diagnóstico de enfermidades neurodexenerativas e cardiovasculares.
Os pulsos de láser de baixa enerxía producidos en L2A2, enfocados de maneira eficiente en diferentes materiais obxectivo, xeran un plasma onde os electróns se aceleran ata decenas de kiloelectronvoltios. A interacción destes electróns co mesmo material obxectivo xera raios X dentro do mesmo rango de enerxías. A vantaxe destas novas fontes de raios X, respecto das convencionais, é o tamaño micrométrico do foco. Baixo estas condicións, poden producirse imaxes de raios X con moita mellor calidade e doses máis baixas. Ademais, tamén se poden xerar imaxes non só baseadas na técnica de absorción simple, senón tamén aproveitando a fase dos raios X producidos, a chamada “imaxe de contraste de fase”. Esta tecnoloxía achega unha sensibilidade adicional á densidade do obxecto exposto, o cal é particularmente interesante para as mostras biolóxicas.
Principal investigator
Aarón José Alejo Alonso
Initial date
2024-09-01
Final date
2027-12-31
Agency
AEI - Agencia Estatal de Investigación
Principal investigator
Aarón José Alejo Alonso
Initial date
2023-01-01
Final date
2027-11-20