INSCRICIÓNS ABERTAS ATA O 28 DE FEBREIRO DE 2025
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas – IPPOG (promotor da Masterclass) e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), unha nova edición da Masterclass Internacional ‘Física de Partículas coas mans’.
A xornada terá lugar o xoves 6 de marzo de 2025, e está destinada a estudantes de 2º de Bacharelato dos centros educativos de Galicia. Será unha ilusionante oportunidade e toda unha experiencia, xa que o alumnado poderá participar nun simulacro da actividade científica profesional. A masterclass consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas, ademais dunha sesión práctica realizada en grupos. Os resultados serán discutidos mediante videoconferencia con mozas e mozos de diversos países, que desenvolverán a actividade de forma simultánea.
Requerimentos de participación
As inscricións para a actividade estarán abertas desde o luns 10 de febreiro ata a o venres 28 de febreiro ás 23.59 horas.
Poderán participar dous estudantes de 2º bacharelato de cada centro, coa posibilidade de ampliar esta cifra dependendo da evolución das inscricións. O alumnado debe estar acompañado dun docente. Este pode asistir e participar na actividade, aínda que non é un requisito obrigatorio (deberá indicarse no momento realizar a inscrición). O número máximo de participantes é de 100 estudantes, e as prazas iranse cubrindo por orde de inscrición. O IGFAE farase cargo da manutención durante a xornada.
Consideramos importante contar con rapazas e rapaces que poidan aproveitar a experiencia, valorando principalmente a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia. A selección do alumnado queda á discrecionalidade do profesorado, aínda que cómpre ter en conta os dous criterios mencionados.
O formulario de inscrición está dispoñible nesta ligazón.
A información da masterclass poderá seguirse a través das redes sociais do IGFAE, en Instagram, Bluesky ou Whatsapp (hashtags #physicsIMC #LHCIMC #LHCIMC25).
Organizan:
- Iván Cambón Bouzas
- Beatriz Errandonea Félix
- Miguel Fernández Gómez
- Iris García Rivas
- Alberte X. López Freire
- Cristina López Iribarnegaray
- Víctor López Pardo
- Ana Lorenzo Medina
- Julio Nóvoa Fernández
- María Pereira Martínez
- Adrián Teijeiro Jiménez
- Victoria Valcarce Cadenas
Pingback: Inscricións xa abertas para a Masterclass “Física de Partículas coas mans” - 21 Noticias
Pingback: Física de partículas “feita” coas mans de estudantes de toda Galicia na Masterclass do IGFAE - 21 Noticias