O IGFAE ofrece unha atmosfera agradable e estimulante para as mozas e mozos que desexen iniciar a súa carreira investigadora no Instituto. O Programa de Doutoramento de Física Nuclear e de Partículas, cunha clara vocación global, enmárcase nos estudos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela.
O IGFAE acolle todos os anos a alumnado do Programa de Doutoramento en Física Nuclear e de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela.
Desde os seus inicios, o programa ten unha clara vocación global, promovendo as estadías do alumnado nos proxectos internacionais de referencia nos que participa o IGFAE, como o CERN, a colaboración LIGO, o Observatorio Pierre Auger, FAIR, GANIL, NEXT ou DUNE.
A través da súa Unidade de Transferencia de Tecnoloxía, o IGFAE tamén promove as candidaturas a doutoramentos industriais, en colaboración con empresas externas.
As e os estudantes de doutoramento do IGFAE dispoñen dun programa personalizado de formación e mentorización, que inclúe a asignación dunha persoa supervisora do seu traballo.
O IGFAE conta con arredor medio cento de estudantes de doutoramento. Nas súas novas instalacións, o centro ofrece unha atmosfera agradable e estimulante para as mozas e mozos que desexen iniciar en Santiago de Compostela a súa carreira investigadora.
O equipo do Instituto facilita ao novo alumnado a axuda precisa nos trámites burocráticos, e axiliza a súa chegada a través dun programa de benvida. Deste xeito, achéganse diversos recursos para procurar un óptimo desenvolvemento profesional e persoal durante esta etapa.
O IGFAE fomenta a convivencia da comunidade do alumnado de doutoramento, organizando actividades divulgativas e lúdicas que reforzan o sentimento de pertenza ao centro. Entre outras accións, o alumnado de doutoramento do IGFAE colabora na organización das Masterclasses internacionais de Física de Partículas, as visitas guiadas polo centro, o programa de charlas divulgativas en centros educativos ou a xornada de portas abertas Ciencia Singular.
O alumnado de doutoramento conta tamén cun comité de representantes, en contacto constante coa dirección do IGFAE, para abordar cuestións de interese para o colectivo.
SA1: O Modelo Estándar ata os límites
SA1: O Modelo Estándar ata os límites
SA2: Partículas cósmicas e física fundamental
SA3: Física nuclear desde o laboratorio ata mellorar a saúde das persoas
O acceso ao programa de doutoramento segue as normas da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.gal/gl/estudos/doutoramentos). Convidamos a todas as persoas candidatas interesadas a que se poñan en contacto connosco para informarse en phd_program@igfae.usc.es.
Traballamos na definición de doutoramentos industriais en colaboración con empresas externas. As peroas candidatas innteresadas nesta posibilidade deben facer claramente esta declaración na súa Carta de Motivación.
O IGFAE é un empregador con igualdade de oportunidades. Acolle especial satisfacción as solicitudes de grupos infrarrepresentados en termos de identidade de xénero, orixe étnica ou social, diversidade funcional e calquera outra condición. O centro conta coa súa propia estratexia de Igualdade e Diversidade.
O programa de doutoramento inclúe estancias en centros de investigación internacionais como o CERN, GSI/FAIR, Pierre Auger, LIGO, LSC, etc., un programa de titoría, cursos de formación e escolas. O Instituto proporciona axuda cos trámites burocráticos e un paquete de benvida para os estudantes internacionais.
Actualmente está aberta unha convocatoria de expresión de interese dentro do programa Global Talent. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de marzo de 2025, e a data prevista de incorporación é outono de 2025.
Máis información: https://academicjobsonline.org/ajo/jobs/29352