Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Actividades

No primeiro trimestre do ano, o IGFAE organiza dúas actividades internacionais para alumnado de bacharelato de centros educativos de Galicia. As persoas asistentes comparten unha xornada formativa en física de partículas co persoal investigador do IGFAE e o CERN, e mocidade doutros países.

A Semana da Ciencia é o evento divulgativo anual máis importante do IGFAE. Desde 2018, o instituto organiza un programa de actividades para todos os públicos coa finalidade de espertar curiosidade pola física e visibilizar a ciencia de excelencia á sociedade.

Como parte do compromiso coa divulgación da nosa actividade investigadora á sociedade, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) desenvolve todos os anos decenas de charlas divulgativas para centros educativos de Galicia, nas que se abordan as diferentes disciplinas nas que investigamos no noso centro.

Seguindo co compromiso de divulgar a nosa actividade investigadora e achegarnos á sociedade, o IGFAE ofrece visitas guiadas polas súas instalacións a diversos tipos de público, como centros educativos, asociacións e calquera outro colectivo interesado en coñecer o noso labor.