Presentación

Un ano máis o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organiza unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” e denominada “Física de Partículas coas mans”, a masterclass consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo cuxos resultados serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica. Este ano a Masterclass regresa en formato presencial o vindeiro venres 3 de marzo de 2023.

Sen ningunha dúbida será unha experiencia inesquecible porque tomarán parte nun simulacro da actividade científica profesional. Desexaríamos contar con dous estudantes do último curso de bacharelato do seu instituto ou colexio e poderán indicar na solicitude un terceiro estudante de reserva. Os/as profesores/as poden asistir, pero non é obrigatorio. Consideramos importante contar con estudantes ‒rapaces e rapazas‒ que poidan aproveitar a experiencia, valorando principalmente a afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia. Debido ao éxito de convocatoria, este ano ampliamos prazas ata 100 estudantes. A selección do alumnado participante deixámola enteiramente á súa discrecionalidade.

Se desexan participar nesta xornada deben encher o formulario de inscrición electrónico que se atopa nesta web cos datos requiridos ata o venres 17 de febreiro ás 23:59 horas. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada. O profesorado pode asistir a xornada pero non é obrigatorio.

O IGFAE farase cargo da manutención do alumnado. 

Masterclass de 2022.

Sigue a masterclass en Twitter (hashtags #physicsIMC #LHCIMC #LHCIMC23).

Organizan:

  • Alexandre Brea Rodríguez
  • Adrián Casais Vidal
  • Caetano Eirea Orro
  • Miguel Fernández Gómez
  • Alessandra Giuventù
  • Clara Landesa Gómez
  • Julián Lomba Castro
  • Saúl López Soliño
  • Asier Pereiro Castro
  • Emilio Xosé Rodríguez Fernández
  • Marcos Romero Lamas
  • Ramón Ángel Ruiz Fernández
  • Verónica Villa Ortega

Colaboran: