Carreira e formación
Database Search
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Carreira e formación

Desde os seus inicios, o IGFAE ten moi presente no seu ADN a proxección internacional do labor que se desenvolve no centro, debido á participación en grandes colaboracións científicas. Nesta liña, o Instituto ofrece prometedoras oportunidades para persoal de excelencia nas súas áreas de investigación, e estimula a formación continua do equipo, achegando os recursos que faciliten un desenvolvemento óptimo da súa carreira.

Global talent

Este programa propio de captación de persoal pretende atraer ao IGFAE a persoal de excelencia, procedente de calquera parte do mundo, para desenvolver os seus proxectos de investigación. Desde a súa primeira edición 2017, o Global Talent está a supoñer un notable pulo para o crecemento do Instituto, reforzando as liñas de investigación e mesmo abrindo novos campos de traballo.

Programa de doutoramento internacional

O IGFAE ofrece unha atmosfera agradable e estimulante para as mozas e mozos que desexen iniciar a súa carreira investigadora no Instituto. O Programa de Doutoramento de Física Nuclear e de Partículas, cunha clara vocación global, enmárcase nos estudos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolvemento de carreira

No marco do novo plan estratéxico, o Instituto esta a consolidar o apoio individualizado a cada unha das persoas que compoñen o seu equipo. Deste xeito, reforzaranse as ferramentas e servizos de apoio na presentación de convocatorias externas, impulsarase un plan para persoal investigador visitante, e asignarase mentorización a todo o alumnado de doutoramento, posdoutoral e júnior.

IGNITE

This internal call aims to stimulate innovative ideas and multidisciplinary collaboration between the IGFAE's different research programmes, with a clear focus on technology transfer. It is one of the key points of the Institute's new strategic plan.

IGNITE grants have been instrumental in fostering the scientific agenda of the center since the first call in 2019.