Rema é o proyecto do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) que se proclamau onte gañador da 9º edición do programa de emprendemento ‘Argos. Creando equipos de emprendedores’ 2022 da USC, na modalidade Argos Spin para plans de empresa desenvolvidos a partir dalgúns resultados de investigación xerados na USC. No acto de entrega celebrado onte no Salón Nobre do Colexio de Fonseca baixo a presidencia do reitor Antonio López, cada equipo recibiu 3.000 euros, 50% para repartir entre os integrantes do equipo e 50% para a empresa xurdida sempre que sexa constituída nos seguintes 12 meses ao ditame do xurado).

Rema propón un novo tipo de escáner industrial por tomografía de neutróns que presenta vantaxes sobre os tradicionais raios-x en termos de eficacia, eficiencia, rapidez, sensibilidade e resolución espacial. Esta tecnoloxía tería como potenciais clientes os principais portos e aduanas na contorna galega, estatal e internacional, cun elevado tráfico de colectores, xa que a eiva que se quere paliar é o feito de que no mundo só se escanee algo máis do 1% dos centos de millóns de colectores circulantes. O investigador do IGFAE Pablo Cabanelas, xunto con Ekaterina Kravets, Francisco Rodríguez, Magda Prado e Rodrigo Aramayo integran a iniciativa.

Na modalidade Argos Enxeño, o proxecto vencedeor foi Peral Project para o desenvolvemento dun dispositivo para a saúde e o benestar das persoas maiores chamado smartPAL. Detectar enfermidades antes de que aparezan, fomentar a comunicación dende calquera punto e combater o aburrimento e a soidade son os aspectos que constitúen a proposta de valor desta iniciativa. O proxecto está integrado por Roberto Iglesias, Luis Beltrán, Adrián Freire, César Abilleira, Lucas Campillo, Ergin Kamberov e Anxo Fernández.

Na sesión de entrega, presidida polo reitor Antonio López, interviñeron a directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez Cuervo; a subdirectora xeral de Emprego, Mª Belén Liste Lázara; a subdirectora da Oficina Galicia Emprende do IGAPE, Fanny Suárez Mansilla; a xestora de innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Verónica Castelo Liñares; e o director de AVTE, José Luis Villaverde.

Argos é unha iniciativa da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC que busca sensibilizar e adestrar estudantes e investigadores da USC no proceso de elaboración do plan de negocio e promover a creación de empresas na comunidade universitaria, a partir dunha filosofía de traballo en equipo e ‘aprender facendo’.

Equipo multidisciplinar

Francisco José Rodríguez del Río é estudante de último curso do Grao en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela con experiencia en investigación biomédica en CiMUS e CEBEGA.

Magda Itzel Prado Gardeazábal e licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma do Estado de México e actualmente estuda o Grao en Linguas Modernas na Universidade de Santiago de Compostela.  Dedicada ao sector empresarial.

Pablo Cabanelas Eiras, Licenciado en Física, na especialidade de Física de Partículas, pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutor en Física Nuclear pola mesma universidade, especializándose no desenvolvemento de instrumentación nuclear para experimentos de Física e aplicacións. Ë investigador do IGFAE e xestor de innovación e transferencia de tecnoloxía o coñecemento do IGFAE.

Rodrigo Aramayo Parato, Enxeñeiro Químico é graduado da Universidade Tecnolóxica Nacional de Buenos Aires, Arxentina. Actualmente está a rematar un Máster en Investigación Química e Química Industrial na Universidade de Santiago de Compostela, ao cal puido acceder ao obter unha bolsa das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) outorgada pola Xunta de Galicia. Experiencia laboral en Investigación e desenvolvemento.

Ekaterina Kravets é licenciada en Relacións Internacionais (Estudos Americanos) pola Universidade Estatal de San Petersburgo, Rusia e mestría en Estudos Europeos pola mesma universidade. Actualment é, estudante de Doutoramento en Marketing Político na USC investigando a marca territorial de Vigo.

Imaxe principal: de esquerda a dereita: Ekaterina, Magda, Pablo, Rodrigo e Francisco. Crédito: IGFAE.