Unidade de Excelencia María de Maeztu

severo_ochoa_award

En 2016, o IGFAE foi acreditado Unidade de Excelencia “María de Maeztu”, integrando a alianza de centros Severo Ochoa e María de Maeztu (SOMMa). Este programa do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades identifica e promove a excelencia en centros punteiros de investigación, e apóiaos a mellorar o seu impacto, liderado internacional e competitividade.

A acreditación María de Maeztu confórmase como unha gran oportunidade para impulsar o rendemento científico do IGFAE na procura dalgunhas das preguntas máis fundamentais en Física. A axuda, comprendida en 2 millóns de euros, ten unha duración de 4 anos (renovables tras unha avaliación) e permite acceder a convocatorias de financiamento específico, tanto para recursos humanos como para apoio a infraestruturas.

O proxecto estratéxico de investigación baséase nos seguintes obxectivos:

Mellorar o rendimento científico

Explorar posibles sinerxias entre os grupos do IGFAE e con outros equipos de investigación

Aumentar a eficiencia das instalacións de investigación e as capacidades tecnolóxicas

Crear unha estratexia de Investigación e Innovación Responsable (RRI)

Adaptar a xestión ás mellores prácticas internacionais