Centro Singular de Investigación de Galicia

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías é un dos oito Centros de Investigación de Galicia, acreditación outorgada o 13 de decembro de 2019 pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia a través do programa da axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 co obxectivo temático de “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación
e unha investigación de calidade”.

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
“Unha maneira de facer Europa”

Obxectivos

O proxecto estratéxico do IGFAE para o período da axuda concedida traduce a nosa visión nunha serie de obxectivos imprescindibles para a excelencia científica do centro:

– Captar o mellor talento investigador e incrementar as accións de formación.
– Mellorar a xestión interna e o financiamento do centro.
– Proporcionar unha contorna intelectualmente estimulante mediante a participación en distintos experimentos e proxectos internacionais.
– Incentivar e catalizar os resultados da excelencia investigadora no beneficio da sociedade a través unha estratexia renovada de RRI (Responsible Research and Innovation).

Este proxecto estratéxico contribuirá a:

– Lograr os obxectivos científicos.
– Consolidar a estrutura organizativa e do novo modelo de xestión.
– Implementar do novo modelo Industrial and social engagement strategy.
– Impulsar as actividades de formación.
– Mellorar as posibilidades de transferencia das nosas infraestruturas científicas.