Resolución da dirección do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela, do 27 de novembro de 2024, pola que se convoca concurso público de méritos nº IGFAE 2024/02, para a contratación de persoal investigador e de apoio á investigación no marco de actividades e programas de I+D+I.
Os detalles da convocatoria poden consultarse neste arquivo (descargar PDF).
Presentación de solicitudes
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, nesta ligazón.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Universidade de Santiago de Compostela
A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante.
Prazo de presentación: o prazo de será de CINCO (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria. A solicitude irá asinada pola persoa interesada.