Método do carbón activo (cánisters)

É o método máis rápido (a toma de mostras só dura 48 horas), e posúe unha alta fiabilidade.

Este Laboratorio recomenda empregar cánisters cando se quere efectuar unha primeira medida para determinar se existen puntos de acumulación de gas radón no edificio.

Dada a rapidez coa que se poden tomar as mostras, o curto período de tempo que se ha de esperar ata obter os resultados (tipicamente menos de 5 días tras a toma da mostra), así como o baixo custo de cada unha das medidas, tamén se recomenda este método cando se atoparon evidencias de contaminación por gas radón, e preténdese realizar un mapa de afectación do edificio co fin de deseñar accións de remedio.

De estar interesado en coñecer a concentración de radón á que está exposto na súa vivenda ou no seu lugar de traballo mediante este método, os enlaces de embaixo informaranlle sobre como levar a cabo a mesma así como de como contratala.

¿En qué consistirá a mostraxe de gas radón con cánisters?

Vostede ha de seguir uns sinxelos pasos que lle detallamos a continuación:

  • Seleccione o lugar onde situará o sistema que captará o gas radón (cánister). Unha cánister é unha caixiña metálica de 10 cm. de diámetro por 3.5 cm. de alto. Contén no seu interior carbón activo, que é o encargado de absorber o radón existente no aire. NON CHEIRA, EMITE RADIACIÓNS, ELEMENTOS QUÍMICOS, NIN XERA RUÍDOS. Se desexa ver a fotografía dunha cánister, faga click aquí.
  • Recomendamos situar a cánister no dormitorio ou o salón da vivenda por ser os lugares onde vostede pasa máis tempo, e se non, en calquera habitación da planta máis baixa da casa, AGÁS se é un cuarto de baño, cociña ou soportal.
  • Dentro da localización seleccionada a cánister NON SE HA COLOCAR nun lugar exposto a correntes de aire perceptibles procedentes de portas, fiestras, chemineas, climatizadores, etc. Tampouco estará preto dos muros exteriores.
  • A cánister deberá exporse ao aire que respiran as persoas, xa que logo colocarase sobre unha mesa ou estante situado como mínimo a 50 cm. sobre o chan, a uns 10 cm. do obxecto máis próximo e en aire aberto, NON en caixóns, armarios ou alacenas.
  • Asegurese de que nas 12 horas anteriores e durante os 2 días do período de medida:
    • Mantéñanse pechadas as portas e fiestras exteriores dos lugares onde vaia situar as cánister, excepto para a entrada e saída normal.
    • Os extractores e sistemas de ventilación que utilicen aire do exterior NON funcionen nas localizacións seleccionadas.
  • Quite a cinta adhesiva que rodea a cánister. IMPORTANTE: guardea para volver selar a cánister ao finalizar a toma da mostra (para evitar diferenzas de peso, pois cada unidade pesouse previamente no laboratorio).
  • Quite a tapa e coloque a cánister aberta, coa reixa ao aire, no lugar elixido.
  • Escriba a data e a hora de inicio da exposición, no lugar da etiqueta da tapa destinado a iso.
  • A cánister permanecerá aberta e exposta ao aire durante 2 días completos (48 horas), aínda que non é prexudicial un exceso de ata 6 horas.
  • Pasados os 2 días de exposición, coloque de novo a tapa ácánister e volte selala coa cinta adhesiva orixinal, escribindo a data e a hora de finalización da exposicón na etiqueta.
  • Encha o formulario fornecido, envíeo cuberto, xunto coa cánister selada á dirección que aparece na etiqueta ou no encabezado da folla de instrucións, o máis pronto posible e, en calquera caso, ANTES DE 3 DÍAS, tras a data de finalización da exposición.

Pode atopar un vídeo explicativo se fai click aquí.

Volver.

¿Qué pasos se darán dende que contrate o servizo ata o final do proceso?

Unha vez recibámola súa solicitude, porémonos en contacto pola canle que vostede teña elixido, co fin de coñecelas súas necesidades e axustalo servizo ó seu caso particular. Pode consultalos prazos de contacto inicial, entrega de resultados e prezos facendo "click" aquí.

Os pasos a seguir, dependerán do tipo de servizo contratado. A xeito de exemplo, detallámoslle tres procedementos estándar diferentes:

  1. Vostede recollerá ol kit de mostraxe nas nosas instalacións.
  2. Vostede solicitará que o kit de mostraxe lle sexa enviado por correo ou mensaxería..
  3. Vostede solicitará a intervención dun técnico.

Volver.

Vostede recollerá o kit de mostraxe nas nosas intalacións

  • De non requerilo envío do kit, Poderá entregar cuberta a folla de solicitude no LAR-USC, e recoller o seu kit persoalmente ó longo do noso horario laboral, concertando cita no teléfono 981563100/981594488 Ext. 13634 ou 13635.
  • Tras devolvérnolos formularios e detectores expostos nas localizacións que seleccionara, nun prazo dependente do método de medida escollido, remitirémoslle por correo certificado un informe cos valores de concentración de gas radón no aire do lugar onde tomara as mostras.
  • Posteriormente, enviaráselle a correspondente factura polos custos totais do servizo prestado.
  • Pode consultalos prazos de contacto inicial, entrega de resultados e prezos facendo "click" aquí.

Volver Arriba

Vostede solicitará que o kit de mostraxe lle sexa enviado por correo ou mensaxería

  • Unha vez recibida a folla de solicitude no LAR-USC, no prazo convido e polo conduto solicitado, remitirémoslle:
    • Un número de detectores igual ó número de medicións solicitadas, xunto cos formularios a encher con diversos datos sobre cada localización escollida para facela medición.
    • Unha folla de instrucións onde se detallarán os sinxelos pasos a seguir para tomalas mostras e enviárnolas para a súa medición.
  • Tras devolvérnolos formularios e detectores expostos nas localizacións que seleccionara, nun prazo dependente do método de medida escollido, remitirémoslle por correo certificado un informe cos valores de concentración de gas radón no aire do lugar onde fosen tomadas as mostras.
  • Posteriormente, seralle enviada a correspondente factura cos custos totais do servizo prestado.
  • Pode consultalos prazos de contacto inicial, entrega de resultados e prezos facendo "click" aquí.

Volver Arriba

Vostede solicitará a intervención dun técnico

  • Porémonos en contacto con vostede para acordala data e hora de visita máis axeitado ós seus intereses.
  • O técnico encargarase da toma de mostras e medición destas nas datas e horarios acordados.
  • Tras finalizalo proceso de medición, e nun prazo dependente do método de medida escollido, remitirémoslle por correo certificado un informe cos valores de concentración de gas radón no aire do lugar onde fosen expostos os detectores.
  • Posteriormente, enviaráselle a correspondente factura cos custos totais do servizo prestado.
  • Pode consultalos prazos de contacto inicial, entrega de resultados e prezos facendo "click" aquí.

Volver Arriba