Medición da concentración de radón en aire

O gas radón (222Rn), é un gas radioactivo de orixe natural que emana do chan e de cuxa exposición ao mesmo poden derivar problemas importantes de saúde. Pulse sobre este enlace para coñecer algo máis sobre este gas.

O LAR-USC ofrece un servizo de medición da concentración de gas radón no interior de edificios, tanto para usuarios particulares, como para empresas ou organismos públicos e privados, empregando diferentes métodos de medida en función das necesidades de cada usuario:

Premendo sobre cada un dos métodos de medida, obterá máis información sobre o mesmo. Por outra banda, neste Servizo atendemos consultas, asesoramos e deseñamos estratexias de medición específicas adaptadas a cada caso particular.

¿Cómo contratar o servizo de medición de radón en aire?

Para realizala contratación deste servizo, tan só ha de descargalo formulario de solicitude nalgún dos formatos que aparecen máis abaixo, cubrilo cos seus datos persoais, e enviárnolo asinado ó noso enderezo de correo ordinario ou electrónico.

IMPORTANTE: recorde que o formulario ha de envialo asinado pola persoa solicitante ou polo responsable da solicitude.

Descargar  o formulario de solicitude: gifpdf Pdf, gifword Word,giftxt Texto.