O LAR-USC (Laboratorio de Análisis de Radiacións), pertence ó GENP (Grupo Experimental de Núcleos e Partículas), inscrito dentro do Departamento de Física das Partículas da Facultade de Física da U.S.C.

A nosa actividade céntrase no estudo das radiacións emitidas por mostras ambientais, as cales poden presentarse en matrices de todo tipo (gaseosas, líquidas ou sólidas).

Actualmente, o laboratorio conta cun espectrómetro γ , un detector proporcional α/β de fluxo continuo de gas, e un espectrómetro de centelleo líquido, xunto cun monitor en continuo da concentración de gas radón.